COMEZO CURSO ESCOLAR 2020-2021

Saudos familias.

Desde a ANPA esperamos que esteades a pasar un verán tranquilo, e que vos atopedes todos ben.

O inicio do curso escolar 2020-2021 está xa cerca, e debido á falta de medidas concretas descritas no “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de Ensino”, por parte da Xunta de Galicia, vémonos na obriga de comunicarvos que non podemos garantir os servizos de acollida, comedor e actividades extraescolares.

Consideramos que dito protocolo, non garante a posta en marcha dos servizos con seguridade para os usuarios, e responsabiliza directamente ás persoas organizadoras ou xestoras.

A conciliación familiar sempre foi o noso obxectivo principal, e por iso estaremos atentos ás novidades por parte da administración, que permitan que estos servizos se poidan realizar de forma favorable.

ENTREGA CHEQUES COMEDOR

Saudos familias,

Esta semana, como xa vos viñamos adiantando a semana pasada, procederemos á entrega dos cheques do comedor dos usuari@s fixos do curso 2018-2019.
Será no centro do Greco para todos.

Mércores
11:00-12:00 – Ed. Infantil
12:00-13:00 – 1° e 2° Primaria

Xoves
11:00-12:00 – 3° e 4° Primaria
12:00-13:00 – 5° e 6° Primaria

Recordámosvos que o cheque emítese ó nome do pai, nai ou tutor que fixo a reserva do comedor, polo tanto, se o vai vir recoller outra persoa diferente é necesario que traia unha autorización firmada polo solicitante da praza e a fotocopia do seu DNI ou DNI orixinal.

Grazas.
Saúdos.

RESERVA COMEDOR 2021-2022

Por favor, tódolos que precisedes praza no comedor no vindeiro curso 2021-22, enviade ó correo da ANPA, anpacouto@yahoo.es, os formularios de reserva, solicitude e domiciliación cubertos.

Grazas.

INFORMACIÓN PARA O SOLICITANTE
RESERVA PRAZA DE COMEDOR
DOMICIALIZACIÓN BANCARIA

CAMPAMENTO DE VERÁN

Bos días familias,

Xa estamos en xuño e como tódolos anos queremos ofertarvos o campamento de Ganeda para nenos e nenas de 3 a 7 anos.
70€/quincena – 130€/mes.
Debido a situación que estamos vivindo debido o Covid-19 o aforo reduciuse notablemente, polo que rogamos os interesados que fagan a reserva a través do noso correo electrónico, anpacouto@yahoo.es, ó longo da vindeira semana, do 8 ó 14 de xuño.
Debido o aforo terase en conta a orde de recepción de ditas reservas.

Nos próximos días o concello ofertará no colexio campamento para nenos e nenas de 8 a 12 anos.
En canto teñamos novidades, tanto o colexio como a ANPA manteremosvos informados.

Saúdos.

NOTIFICACIÓN SERVICIO DE COMEDOR

Por parte de la empresa Antonio Gallego Cid se comunica que el viernes día 13 de marzo, se hará el servicio de comedor estimando la asistencia de todos los niños, asistan o no según decisión de sus padres o tutores. A partir del lunes se cancelará el servicio de comedor según el plazo que estime la administración y esos días se regularizarán económicamente a cada usuario en la medida de lo posible. Con cualquier otra novedad se comunicará puntualmente al centro.

FESTIVAL DE NADAL 2019/2020

Recordade que o Festival de Nadal realizarase en Rampa de Sas o venres 20 de decembro, e que comenzará ás 17:30. Animádevos a vir co gorriño de Papá Noel!

Todos os alumn@s que asistan e queiran, actuarán no festival.

Haberá música, inchables e chocolatada para tod@s! E o buzón directo á oficina de Papá Noel!

86e6b903-fe72-41e9-89ec-3fa25055b616-e1576695391353.jpeg