COMEZO CURSO ESCOLAR 2020-2021

Saudos familias.

Desde a ANPA esperamos que esteades a pasar un verán tranquilo, e que vos atopedes todos ben.

O inicio do curso escolar 2020-2021 está xa cerca, e debido á falta de medidas concretas descritas no “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de Ensino”, por parte da Xunta de Galicia, vémonos na obriga de comunicarvos que non podemos garantir os servizos de acollida, comedor e actividades extraescolares.

Consideramos que dito protocolo, non garante a posta en marcha dos servizos con seguridade para os usuarios, e responsabiliza directamente ás persoas organizadoras ou xestoras.

A conciliación familiar sempre foi o noso obxectivo principal, e por iso estaremos atentos ás novidades por parte da administración, que permitan que estos servizos se poidan realizar de forma favorable.

Deixar un comentario