Quen somos? Como asociarse? Número de conta…

A Anpa Ceip O Couto somos  pais e nais que actualmente teñen fillos escolarizados no Ceip O Couto que nos asociamos para conseguir os seguintes obxectivos:

  1. EXCELENCIA. Colaborar para que o centro camiñe cara a excelencia educativa, tanto na formación académica coma nos valores de solidariedade, respecto á diferenza, cultura do esforzo e creatividade entre o alumnado.
  2. RESPECTO. Sabemos que calquera aprendizaxe só pode ter lugar nun ambiente alegre e agradable e para iso debemos promover o respecto aos compañeiros, aos mestres e aos materiais.
  3. CONCILIACIÓN FAMILIAR. Conciliar o horario de traballo e a atención aos fillos non é sinxelo, é por isto que desde fai moitos anos os pais e nais organizamonos para ofrecer actividades extraescolares, comedor escolar e acollida temperá.
  4. PLURILINGÜÍSMO. Todos queremos o mellor para os nosos cativos e sabemos que poder falar dúas linguas con soltura é unha enorme vantaxe que non podemos desperdiciar. Promoveremos as linguas nas que os nosos fillos e fillas teñen máis dificultades para expresarse oralmente, a día de hoxe galego e inglés.

Asociarse á ANPA

Para asociarse á ANPA é suficiente aboar a cota de 20 € anual por familia na conta:

Caja Rural
ES46 3070 0043 0063 8305 9125

Débese indicar: COTA ANPA Apelidos e Nomes dos fillos.

  • Todas as actividades extraescolares, comedor e acollida temperá están organizadas e xestionadas pola ANPA, polo que para participar nelas é requisito imprescindible ser socio ou pagar unha cota de 50 € tal como se aprobou na Asemblea Xeral de xuño de 2010.
  • Para os festivais e festas haberá unha cota especial para os que queiran asistir e non sexan socios tal e como se acordou na Asemblea Xeral de socios de xuño de 2011.

Xunta directiva

Comezado o curso 2023/2024 tomamos posesión a actual Xunta directiva da ANPA, composta polos seguintes membros:

  • Presidente: Iván Cotano Peña
  • Vicepresidenta: Ana Pereira González
  • Tesoreira: Paula Estévez González
  • Secretaria: Eva Amorín Díaz
  • Vogal: Alba Arrebola Muñoz
  • Vogal: Jessica González Rodríguez
  • Vogal: Rita Campos López
  • Vogal: Belén Fernández Lorenzo